Sede electrónica Concello de Carral

15:23:10 Xoves 28 de marzo 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición para as accións de Emprendemento do proxecto PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural

Non hai convocatorias abertas actualmente

Permite presentar electrónicamente unha solicitude de inscrición para as accións de emprendemento do itinerario de Emprendemento e Dinamización de persoas participantes do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado con axudas AP-POEFE do Fondo Social Europeo e impulsado pola deputación da Coruña.

As accións de emprendemento pretenden situar ó territorio rural como opción natural para a innovación, comprobando a viabilidade de actividades tradicionais e de proxectos innovadores nesa contorna, presentando casos de éxito que sirvan de inspiración para aquelas persoas que queren emprender, descubrindo as oportunidades de emprendemento social no eido rural como fórmula empresarial e coñecendo as ferramentas que poden axudar a desenvolver os proxectos emprendedores impulsando contornas colaborativas e de cooperación para o emprendemento de negocios con impacto social e/ou medioambiental.

Clave serán tamén as accións de dinamización para o fomento e mantemento da iniciativa emprendedora, non só entendida e orientada á posta en marcha de novas empresas, senón que debe promover accións de información, sensibilización e formación nos diversos ámbitos do emprendemento coma forma de pensar, razoar e actuar vinculada e suscitada pola busca e persecución de oportunidades que serán a base para xerar o impacto necesario e óptimo na contorna rural.

A través destas accións proporcionarase ás persoas participantes os coñecementos, asesoramento e formación adaptada en cada fase do seu proxecto a través da elaboración do plan de empresa, a vinculación con axentes do territorio (técnicos locais) que apoian ao emprendemento, a análise de necesidades e riscos e da viabilidade da empresa, e a procura de financiamento e axudas ou dunhas instalacións adecuadas.

Preferentemente de forma telemática a través da sede electrónica do concello onde estea empadroada ao que terá que acudir para entrevista, e utilizando o botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o formulario dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito formulario normalizado para presentar.

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado  (Descargar Formulario) no que se sinale ao inicio á acción formativa que solicite e ónde a quere realizar.
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso.
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil.
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
    ou
    Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego xunta á Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente

As persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

No caso de ausencias superiores ao 10%, aínda que foran xustificadas, non se considerará completado o itinerario formativo e perderase o dereito á obtención da bolsa económica.

Unha vez determinado o número total de horas de asistencia de cada persoa participante, a deputación da Coruña , aboará, nun único pago, as axudas que correspondan a aquelas que completen o itinerario e cumpran os requisitos para a súa obtención.

As fases a seguir no proceso de selección de persoas participantes e os criterios serían:

  • Inscrición e presentación de solicitudes: todas as persoas interesadas en participar poden entregar a documentación esixida nos prazos establecidos en calquera das 3 vías habilitadas:
    • Tramitación online na sede electrónica do concello no que estean empadroadas, no acceso habilitado como PEL_Emprego Sustentable
    • Descarga do formulario dende a sede electrónica e achega, xunto coa documentación requirida, no rexistro do concello no que estean empadroadas,
    • Dirixirse ao persoal técnico dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación do concello onde estean empadroadas
  • Baremación de criterios de carácter xeral: o persoal técnico do concello dos servizos de emprego e desenvolvemento local, e ou orientación, é o encargado de estimar ou desestimar as inscricións recibidas en función de se cumpre ou non requisitos de acceso e a documentación presentada está completa e é correcta.
  • Entrevista Persoal: De entre todas as solicitudes admitidas, realizarase primeiro unha valoración obxectiva conforme ao baremo establecido (Avaliación da situación de vulnerabilidade social, segundo o previsto no proxecto PEL Emprego Sustentable no ámbito rural) outorgando 1 punto por cada unha das circunstancias de vulnerabilidade que reúna a persoa solicitante segundo os establecidos e realizarase unha entrevista na que se valorarán aspectos tales como a motivación, a seguridade no compromiso, a non existencia de accións persoais programadas que impidan a asistencia continuada (eventos familiares, cirurxías, viaxes, etc.) adecuación do itinerario á acción formativa solicitada e á súa traxectoria formativa ou laboral, ao seu obxectivo profesional e á existencia dun proxecto de diversificación profesional coherente no seu caso outorgando 0,25 por cada unha das evidencias na entrevista individual.

Non se admitirán inscricións que non vaian acompañadas da documentación requirida e o baremo resultado da entrevista co/a técnico/a municipal de emprego e desenvolvemento local ou orientación, ou esta non sexa lexible ou non se corresponda coa información solicitada.

O ámbito territorial de orixe das persoas participantes é coincidente co ámbito territorial de desenvolvemento do proxecto, no que se circunscriben os 90 concellos da provincia da Coruña, con menos de 50.000 habitantes.

Os centros onde se desenvolven estas accións en xornada de mañá (preferentemente) cun máximo de 5 horas diarias son os seguintes:

ACCIÓN

EDICIÓN NÚM

CENTRO

CONCELLO

PRAZAS

HORAS

INICIO PREVISTO

EMPRENDEMENTO SOCIAL EN ECONOMÍA CIRCULAR

 

1

Centro Coworking Pazo de Arenaza

OLEIROS

25

372

 

FINAIS DE SETEMBRO

Unha vez cubertas po lo menos 15 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

2

Espazo Colaborativo Daquí Darredor

BRIÓN

25

372

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 15 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

PLANIFICACIÓN E INICIATIVA EMPRENDEDORA EN PEQUENOS NEGOCIOS OU MICROEMPRESAS

1

Centro Municipal de Formación

ORTIGUEIRA

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

2

ACERTA Formación//Academia EL ÁBACO

CEE/ZAS

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

3

GRUPO ATHENEA

ORDES

 

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

4

EFA Piñeiral formación profesional

ARZÚA

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

5

Centro Emprendemento Vedra

VEDRA

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

6

Espazo Colaborativo Comarca do Barbanza

A POBRA

15

298

 

FINAIS DE SETEMBRO Unha vez cubertas polo menos 12 prazas das ofertadas por edición ata o máximo de 25

Nome: Solicitude de inscrición para as accións de Emprendemento do proxecto PEL-Emprego Sustentable no Ámbito Rural.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados/quero-formarme/pel-emprego-sostible-no-ambito-rural/

https://emprego.dacoruna.gal/desempregados

https://emprego.dacoruna.gal

https://www.mptfp.gob.es/portal/politica-territorial/local/coop_econom_local_estado_fondos_europeos/fondos_europeos/2014-2020_FSE/fse_poefe.html