APPROL.- aprobación das bases e inicio do prazo de presentación de instancias
EXP: 2025/E001/000007
Coa publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Concello e no BOP da provincia iníciase o prazo para que todos/as os/as interesados/as remitidos unicamente polo servizo público de emprego presenten a súa solicitude de participación, así como a documentación necesaria, para participar no proceso de selección de dous/dúas operarios/as de limpeza de montes para o servizo de limpeza de montes e silvicultura. O prazo comeza o 27 de xuño de 2025 e remata o 3 de xullo de 2025, ambos inclusive.