GARANTÍA XUVENIL.- contratación dun auxiliar administrativo inscrito no SNGX
EXP: 2025/E001/000010
Coa publicación deste anuncio dáselle publicidade á contratación por parte do Concello de Carral dun auxiliar administrativo logo de ser beneficiario dunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ao abeiro da Orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+Galicia 2021-2027.