ADMINISTRATIVO/A.- resolución de alegacións ao primeiro exercicio e data do segundo exercicio
EXP: 2025/E001/000003
Faise público a resolución das alegacións presentadas polos aspirantes ás preguntas, ao seu contido e ao cadro de respostas correctas do primeiro exercicio (tipo test) da fase de oposición para a provisión dun posto de administrativo/a da área económica, funcionario/a de carreira do Concello de Carral. Así mesmo, convócase a todos/os os/as aspirantes que superaron o primeiro exercicio cunha puntuación igual ou superior a 20 puntos para a realización do segundo exercicio para o 12 de xaneiro de 2026, ás 13 horas, no pavillón do Espiño.