Sede electrónica Concello de Carral

20:41:03 Mércores 27 de agosto 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de inscrición no programa municipal das Escolas Deportivas, Educativas e Envellecemento Activo

É obxecto deste procedemento administrativo facilitar a xestión de solicitudes de inscrición nas diferentes actividades incluídas dentro do programa das Escolas Deportivas, Culturais, Educativas e de Envellecemento Activo que este concello oferta para a tempada 2025/2026.

Estableceranse 3 PRAZOS DE INSCRICIÓN ao longo do curso:

  • PRAZO INICIAL para a inscrición únicamente para o programa de  madrugadores abarcará dende ás 9:00 h do 28 de xullo ata ás 14:00 h do 8 de agosto de 2025.
  • PRIMEIRO PRAZO de inscrición en todas as actividades, abarcará dende as 09:00 h do 25 de agosto ata as 14:00 h do 12 de setembro de 2025, ou o remate das prazas da cada actividade ou grupo.
  • SEGUNDO PRAZO de inscrición para todas as actividades, abarcará dende as 9:00 h do 6 de outubro ata ás 14:00 h do 10 de outubro de 2025. Neste ofertaranse unicamente as prazas que quedaron vacantes no prazo de inscrición anterior.
  • TERCEIRO PRAZO de inscrición abarcará dende as 9.00 h do 8 de xaneiro ata ás 14:00 h do 14 de xaneiro de 2026. Neste período ofertaranse unicamente as actividades con prazas vacantes.

As inscricións para todos estes prazos poderanse tramitar dos seguintes xeitos:

  • A través da sede electrónica.
  • Presencialmente, no Rexistro Municipal do Concello (Casa Consistorial), cubrindo e entregando o formulario de inscrición.

* NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS POR OUTROS MEDIOS QUE OS INDICADOS.
** Os impresos de inscrición, poderase recoller nas dependencias municipais ou descargar da páxina https://carral.es/escolas-municipais/.

Observacións no proceso de inscrición:

  • AS PRAZAS (de actividades/grupos) SON LIMITADAS e ASIGNARANSE POR RIGOROSA ORDE DE INSCRICIÓN. Unha vez cubertas as prazas da  actividade ou grupo, crearanse LISTAXES DE ESPERA.
  • Reservaranse un 10% das prazas para nenos/as con NEAE (necesidades específicas de apoio educativo, como por exemplo TDAH), con NEE con autonomía persoal (HVD: habilidades para a vida diaria), ou en risco de exclusión social.
  • No caso de existir coincidencia na data e hora no rexistro da solicitude de inscrición de dous ou máis interesados para a última praza dunha actividade ou grupo, terán preferencia os empadroados en Carral e de seguir o  empate, a praza asignarase mediante SORTEO PÚBLICO.
  • Terán preferencia aqueles nenos e nenas empadroados no Concello de Carral ou aqueles nenos que acoden aos Centros Educativos públicos da localidade.
  • Non se permite a cesión a terceiras persoas da praza asignada.
  • Para formalizar a inscrición é preciso que o interesado/a NON TEÑA DÉBEDAS co Concello de Carral.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Solicitude de inscrición no programa municipal das Escolas Deportivas, Educativas e Envellecemento Activo.

Unidade tramitadora: Deportes.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscales do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) e presencial.