O procedemento de convocatoria “Volve a Carral no Nadal” ten por obxeto regular as bases da convocatoria destinadas a todolos establecementos que desenvolven calquera tipo de actividade en Carral e que desexen participar na campaña turística. Vai dirixida tamen as persoas compradoras en establecementos de Carral que estén adheridos á convocatoria, dando a posibilidade de optar a un premio directo por comprar no mesmo.
Trátase de promocionar e promover o turismo no Concello de Carral durante as festas de nadal, dando a coñecer o seu patrimonio cultural, natural e as súas tradicións e a súa oferta turística e comercial.
Poderán solicitar participar na convocatoria os establecementos que desenvolvan calquera tipo de actividade en Carral e desexen participar nesta campaña turística.
Os establecementos do ámbito municipal de Carral que desexen participar deberán aceptar as bases e inscribirse para participar nesta campaña turística.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O prazo de presentación será do 1 ao 5 de decembro de 2025.
Entrega de premios. Os rascas premiados presentaranse como data límite as 14 horas do 30 de xaneiro de 2026.
Nome: Solicitude inscrición no “Volve a Carral no Nadal”.
Unidade tramitadora: Departamento de Comercio e Turismo.
Órganos instrutores: Técnica municipal de educación.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa xurídica o física.
Órgano de resolución: Xunta de Gobierno Local.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático
Presencial con cita previa.