O Concello de Carral, en exercicio destas competencias, e co obxectivo de colaborar coas familias no acceso á educación obrigatoria, establece o Banco Municipal de Libros de Texto.
O programa ten como finalidade:
A presentación de solicitudes farase dirixidas ao Alcalde-Presidente do Concello de Carral, podendo presentarse por calquera das formas sinaladas no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante). Entre as formas indicadas, poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carral (que actuará coma oficina de asistencia en materia de rexistros, segundo o artigo 16.4.c) LPACAP).
O uso de libros do Banco Municipal de Libros de Texto poderá ser solicitado polos proxenitores ou titores legais dos/as alumnos/as que cursen estudos de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria nos CEIPP Vicente Otero Valcárcel de Carral, CEIP de Tabeaio e no IES de Carral.
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite” ou presencialmente no Rexistro municipal.
O prazo de presentación é do 21 ata o 28 de agosto de 2025.
Nome: Solicitude de uso do Banco Municipal de libros de texto curso 2025-2026.
Unidade tramitadora: Departamento de Educación.
Órganos instrutores: Técnica municipal de Educación.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de Interesado: Persoa física.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemática
Telefónica (981 613 520)
Presencial con cita previa