Sede electrónica Concello de Carral

09:09:50 Venres 2 de outubro 2026
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de subvención para a promoción e difusión da cultura, actividade física e o deporte e para actividades medioambientais 2026

Prazo de Xustificación Aberto

Xustificar

(on line)

O procedemento de “solicitude de subvención” ten por obxecto xestionar e controlar as axudas e subvencións solicitadas á Entidade Local por parte de entidades sen ánimo de lucro, para a promoción e impulso de actividades deportivas, culturais e as festas parroquiais, e para a protección, concienciación e divulgación ambiental.

A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello de Carral.

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

O prazo de presentación é do 2 de setembro ata as 23:59 horas do 1 de outubro de 2026.

O prazo para a presentación da xustificación rematará as 23:59 horas do 21 de novembro de 2026.

Para o trámite de solicitude da subvención:

  • Fotocopia do CIF da entidade.
  • ANEXO 1: Solicitude.
  • ANEXO 2: Declaración das outras subvencións solicitadas para o mesmo fin.
  • ANEXO 3: Certificación de representación e nº de socios.
  • ANEXO 3.B: Datos e documentación acreditativa para a valoración de clubs e entidades deportivas.
  • ANEXO 4: Declaración e compromisos da Presidencia da entidade.
  • ANEXO 5: Memoria explicativa das actividades levadas a cabo pola entidade no ano anterior ao da presentación da solicitude de subvención.
  • Poderase completar a documentación con calquera outra que contribúa a unha mellor descrición das actividades ou investimentos para os que solicitan a subvención (orzamentos, fotografías, memorias, carteis...).

Todos os formularios (anexos) que se acheguen, deben estar asinados, preferentemente de modo dixital, polas persoas responsables.

Para a Xustificación hai que empregar o trámite achega de documentación, achegando os seguintes ficheiros:

  • ANEXO 6A: Modelo de xustificación para entidades medioambientais, culturais e organizadoras de festexos.
  • ANEXO 6B: Modelo de xustificación Entidades Deportivas.
  • ANEXO 7: Certificación de gastos e acreditación da publicidade realizada.
  • Copias das facturas ou outros documentos relativos ao gasto subvencionado e os xustificantes que demostren o seu pagamento.

Nome: Solicitude de subvencións para a promoción e difusión da cultura e para actividades medioambientais.

Unidade tramitadora: Departamento de Cultura, Deportes e Medioambiente.

Órganos instrutores: ttécnico municipal de Cultura, técnico municipal de Deportes e técnica municipal de Medioambiente.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa xurídica (entidade non lucrativa).

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: telefónica (981 670 002 ou 981 672 580) ou presencial con cita previa.