Sede electrónica Concello de Carral

17:28:11 Luns 2 de xuño 2025
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de axudas ao estudo para estudantes curso 2024/2025

Non hai convocatorias abertas actualmente

É obxecto destas bases regular a concesión polo Concello de Carral, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para o estudo aos/ás estudantes matriculados/as durante o curso académico 2024/2025 e empadroados/as no municipio de Carral.

O obxecto destas axudas é establecer axudas complementarias para a financiación parcial de gastos ocasionados pola adquisición de libros de texto, material escolar, gastos de comedor escolar, transporte por estudos e gastos por pago de tasas e matrículas do alumnado matriculado en estudos de 2º ciclo de educación infantil, de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelato ou similares), ou dos estudos universitarios oficiais que se indican, durante o curso académico 2024/2025.

A presentación de solicitudes farase dirixidas ao Alcalde-Presidente do Concello de Carral, podendo presentarse por calquera das formas sinaladas no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante). Entre as formas indicadas, poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Carral (que actuará coma oficina de asistencia en materia de rexistros, segundo o artigo 16.4.c) LPACAP).

De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.

O prazo de presentación é do 12 ao 30  de maio de 2025.

Para o trámite de solicitude axuda escolar 2024/2025:

  • Anexo I : Solicitude con declaración da persoa solicitante e documentación que se adxunta (marcar x onde proceda).

Nome: BASES REGULADORAS DAS AXUDAS AO ESTUDO DO CONCELLO DE CARRAL PARA ESTUDANTES PARA O CURSO 2024/2025.

Unidade tramitadora: Departamento de Educación.

Órganos instrutores: Técnica municipal de Educación.

Inicio do procedimiento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable: A resolución estimatoria ou desestimatoria pon fin á vía administrativa, e contra aquela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o Sr. Alcalde do Concello de Carral, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao de notificación do acordo de concesión, ou directamente recurso-contencioso administrativo perante o Xulgado do Contencioso-administrativo da Coruña competente, no prazo e forma establecidos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición contencioso- administrativa.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: telefónica (981 613520) ou presencial con cita previa.