O procedemento de “solicitude de subvención” ten por obxecto xestionar e controlar as axudas e subvencións solicitadas á Entidade Local por parte de entidades sen ánimo de lucro, para a promoción e impulso de actividades culturais e as festas parroquiais, e para a protección, concienciación e divulgación ambiental.
A presentación de solicitudes farase exclusivamente a través da Sede Electrónica do Concello de Carral.
Poderán ser beneficiarios das subvencións as asociacións veciñais, culturais, organizadoras das festas patronais e outras entidades sen ánimo de lucro, que cumpran os seguintes requisitos:
De forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”.
O prazo de presentación e do 11 ao 22 de novembro de 2024.
Para o trámite de solicitude subvención:
Para a Xustificación hai que empregar o trámite achega de documentación, achegando os seguintes ficheiros:
Nome: Solicitude de subvencións para a promoción e difusión da cultura e para actividades medioambientais.
Unidade tramitadora: Departamento de Cultura Medioambiente.
Órganos instrutores: técnico municipal de Cultura e técnica municipal de Medioambiente.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa xurídica (entidade non lucrativa).
Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.
Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.
Prazo de resolución: 6 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: telefónica (981 672 580) ou presencial con cita previa.